A Declaración Universal de Dereitos Humanos (DUDH) é considerada xeralmente o fundamento das normas internacionais sobre dereitos humanos. Aprobada hai case 60 anos, a DUDH
inspirou un valioso conxunto de tratados internacionais de dereitos
humanos legalmente vinculantes e a promoción destes dereitos en todo o
mundo ao longo das últimas seis décadas.
Esta declaración creouse despois da Segunda Guerra
Mundial e a creación das Nacións Unidas, a comunidade internacional
comprometeuse a non permitir nunca máis atrocidades como as sucedidas
nese conflito. Os líderes do mundo decidiron complementar a Carta das
Nacións Unidas cunha folla de ruta para garantir os dereitos de todas as
persoas en calquera lugar e en todo momento.
En principio non tes ningunha garantía de que se cumpra nun pais. Como o
seu nome indica, a Declaración Universal é unha relación de intencións,
pero desaproveita de forza xurídica, "ideal común polo que
todos os pobos e nacións deben esforzarse, co fin de que tanto os
individuos coma as institucións, inspirándose constantemente nela,
promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e
liberdades".
Como reflexión persoal teño que dicir que me me gustaría que esta declaración se implantase de forma xurídica en todos os estados polo que non habería ningunha desigualdade de derietos para ningunha persoa do mundo, pero por desagrado sería practicamente imposible que se lograra implantar xa que existen países nos que os seus gobernantes non lles interesan cumprilos ou mesmo os ocultan da poboación cortando a información que non lles agrade